venres, 25 de setembro de 2026

Setembro, 25: tíralle da lingua... 25 veces!!!

Hoxe, venres, 25, contámosche que o concurso de relato oral "Tíralle da lingua" chega á súa vixésima quinta edición
 A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca unha nova edición do seu Concurso de relato oral "Tíralle da lingua", destinado á comunidade educativa para fomentar o uso oral do galego no ámbito escolar.
As historias poden ser populares, literarias ou de creación propia e terán unha duración máxima de cinco minutos.
Na fase final, que se celebrará a finais de novembro, o xurado concederá un primeiro premio de 250 euros por nivel educativo e, se procede, un segundo de 150 euros, con igual contía para os centros dos participantes galardoados.
Se queres consultar as bases completas podes facelo NESTA LIGAZÓN. Para anotarse, antes do 13 de novembro, hai que responder a ESTE FORMULARIO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario