venres, 20 de novembro de 2026

Laura??? Que Laura???

Hai quen sostén –e pode que teña razón- que Castelao foi o inventor dos memes.
Nós non somos Castelao, pero podemos percorrer ese camiño que se cadra el debullou.
Para incitarnos a facelo, a Fundación Carlos Casares convocou a segunda edición de 'Memes polo galego'.
Trátase dun concurso dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato de toda Galiza que busca dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade a través do humor e das linguaxes dixitais.
O lema desta edición é «Falar galego ten aura», e os participantes poderán presentar ata o 15 de decembro os seus memes orixinais en galego.
Haberá tres premios de 150, 100 e 50 euros en vales para libros e material escolar.
Se queres coñecer máis sobre esta convocatoria podes ler NESTA LIGAZÓN a noticia completa en Código Cero.
Para ires directamente á web do concurso PREME AQUÍ ou na imaxe do inicio. Nela podes CONSULTAR AS BASES e enviar o teu meme, entre outras cousas como, por exemplo, DESCARGAR DE BALDE O LIBRO COS MEMES DO ANO PASADO. Ademais, ten a súa coña...

Ningún comentario:

Publicar un comentario