Necesitámolo ou non?
Iso depende de como se mire...
En todo caso, o próximo día 16, este venres (pasado mañá) botará a andar a VIII edición do programa '21 días co galego e máis' promovido pola da Secretaría Xeral da Lingua.
Para non liarvos moito, simplemente vos diremos que a partir do venres teredes á vosa disposición as actividades e os audiovisuais elaborados polos dez centros participantes NESTA LIGAZÓN ou facendo clic na imaxe superior para facilitarvos a vosa participación no programa se queredes seguilo.
En que consiste?
En poucas palabras, en empregar a lingua galega nas tarefas cotiás, comezando pola escola, as 24 horas do día, durante 21 días para que o hábito se consolide e perdure... para sempre.
mércores, 14 de xaneiro de 2026
16 + 21 + ...?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario