luns, 12 de xaneiro de 2026

Xogagalego, galeg@!!!

Nos últimos días do pasado ano Recuncho Gamer presentou Xogalego, un catálogo para facilitar a difusión dos videoxogos en galego e para darlle visibilidade ao traballo dos estudos e das creadoras e  dos creadores que os desenvolven, ante as eivas das grandes plataformas para localizalos.
A ferramenta arrincou con noventa títulos, hoxe vai polos cento trinta e prevé medrar axiña até arredor dos douscentos.
Esta iniciativa conta co apoio da Deputación da Coruña e permite localizar xogos polo seu nome ou realizar unha busca guiada a partir da súa temática ou plataforma, por exemplo.
Cada entrada de Xogalego inclúe datos como autoría, ano, plataformas, xénero, idades recomendadas, linguas dispoñibles e ligazóns oficiais.
O proxecto completarase con accións divulgativas en liña e nos centros educativos.
Se queres ampliar a información podes ler ESTA NOTICIA de Cultura Galega.
Se queres acceder a XOGALEGO fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior.


Ningún comentario:

Publicar un comentario