xoves, 15 de xaneiro de 2026

Escolma de Termos Científicos: bioloxía, informática e burocracia

En marzo falámosche da primeira entrega da 'Escolma de termos científicos' cuxa publicación presentara a Universidade de Vigo.
Hai unhas semanas saíu á luz a segunda entrega.
Nela recóllense termos procedentes da informática, da xestión pública e da bioloxía mariña, acompañados de materiais gráficos e explicacións que achegan contexto cultural e científico.
O proxecto complétase con materiais como planificadores semanais e pousavasos ilustrados que procuran reforzar a presenza da lingua galega na vida cotiá, especialmente en centros educativos e espazos universitarios.
O propósito da iniciativa é normalizar o uso da lingua galega na ciencia e visibilizar a investigación na lingua propia.
'Escolma de termos científicos II' é, polo tanto, un glosario que pretende evidenciar que o galego serve para nomear con rigor a realidade científica e tecnolóxica.
O proxecto, desenvolvido por docentes da UVigo, reivindica a riqueza léxica galega e aposta pola súa conservación.
Se queres completar a información podes consultar ESTA NOTICIA da web da propia Universidade de Vigo.
Para descargar a segunda entrega da 'Escolma de termos científicos', fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior.
Se queres descargar a primeira entrega pódelo facer directamente cun clic NESTA OUTRA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario