venres, 16 de xaneiro de 2026

Versos desde Begoña

 

O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca un ano máis o seu concurso de poesía escurecida.
Se o ano pasado estivo dedicado a Castelao, nesta ocasión toma como punto de partida a obra de Begoña Caamaño, que -como sabes- é a autora protagonista do Día das Letras Galegas neste 2026.
Pode participar no concurso calquera persoa do mundo pero ten en conta que as obras poderán presentarse até o 29 de xaneiro de 2026.
Para facelo, debes enviar o teu traballo por correo electrónico a: edlg@iessanclemente.net, con indicación:
- do nome da autora ou do autor,
- da categoría en que participa,
- no caso de que sexa estudante cal é o seu curso e centro de ensino e
- da obra de Begoña Caamaño á que pertence a páxina seleccionada para a súa creación.
Se queres coñecer en que consiste a técnica da poesía escurida ou consultar as bases completas do concurso visita NESTA LIGAZÓN a web do IES San Clemente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario