No taboleiro de Orientación, na planta baixa do edificio de Primaria e Secundaria, podemos ver expostos os cartaces que están sobre estas liñas.
Como podes ler neles, fálannos do concurso escolar 'E Ti, que Pensas da Igualdade?..
Antes de nada, xa che dicimos que a data tope para participar nel é o 13 de marzo, así que bule!
O concurso, que este ano chega á súa terceira edición, está promovido pola Deputación de Pontevedra dentro da programación prevista con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.
O seu obxectivo é fomentar a creatividade e o pensamento crítico do alumnado da provincia, ademais de analizar a súa percepción da situación das mulleres e dos homes na nosa sociedade.
É, tamén, unha canle de visibilización do talento creativo de nen@s e moz@s en diferentes disciplinas coma a poesía, o debuxo, a música ou o audiovisual, neste acaso arredor dun asunto fundamental para a nosa sociedade: a igualdade de oportunidades real e efectiva de mulleres e homes.
Na web do concurso tes acceso ás bases, ás categorías competitivas e demais pormenores do concurso e podes acceder a el a través DESTA LIGAZÓN ou facendo clic na imaxe superior.
Unha vez nela, fai clic en "BASES CONCURSO ESCOLAR 8M 2026: E Ti, que Pensas da Igualdade?"
mércores, 4 de marzo de 2026
E ti, que pensas da igualdade?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario