Xa tes na web de Primavera das Letras os recursos sobre Begoña Caamaño.
Estes recursos consisten basicamente nunha obra teatral infantil descargable ('Uuu-Uuu, Begoña!'), ademais doutras actividades interactivas, materiais audiovisuais e contidos biográficos pensados para levar a figura de Begoña Caamaño ás aulas de maneira lúdica.
Non teñas preguiza en visitala facendo clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe do inicio.
Ademais, xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega un novo espazo dedicado á autora homenaxeada o 17 de maio e ao que podes acceder se FAS CLIC AQUÍ.
Alén da súa biografía, atoparás diversas actividades que se están a elaborar nos centros educativos, entre elas as do Seminario Galán.
mércores, 25 de marzo de 2026
Begoña Caamaño en Primavera das Letras
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario