A pasada semana o alumnado de 1° y 2° de Primaria achegouse ao Concello para visitar a exposición sobre os incendios que nel está exposta.
Tiveron tamén a sorte de escoitar o persoal de medio rural que lles contou os segredos do seu oficio.Lembremos que o tema do proxecto da biblioteca do Centro deste ano é 'Vemos a vila con outra mirada' e que o noso Centro recuperou tamén o Plan Proxecta de Paisaxe e Sostibilidade; para un e para outro esta visita resulta do máis acaída...
Como podemos ver nas seguintes imaxes a visita deixou pegada na memoria d@s nos@s nen@s, que reflectiron a experiencia utilizando a arte postal.
Hai anos no monte de Pontecesures houbo incendios ben fortes, como lembrarás se andabas por aquí.
Se non, este documental que fixo o alumnado do Centro hai xa sete anos pode axudar a que te fagas unha idea do que foi.
















Ningún comentario:
Publicar un comentario