Consonte as bases, ás 21:00 do pasado sábado (día 21, Día da Poesía) acabou o prazo para remitir os vosos vídeos e participar na segunda edición de Fai Viral a Poesía!!!
A seguir tedes as propostas que nos foron chegando, facendo viral a poesía no seu día, como corresponde!
Acabado o prazo para presentardes os vosos traballos, polo tanto, estas son as propostas entre as que tedes que escoller unha gañadora.
Chega o voso momento, polo tanto, noutro papel: poñede os miolos en modo poético e... cal delas vos gusta máis?
1. O río (Manuel María)
2. Alborada (Rosalía de Castro)
3. Adiós ríos, Adiós fontes (Rosalía de Castro)
4. Os paxariños (Icía Mariño)
5. Castellanos de Castilla (Rosalía de Castro)
6. Como chove miudiño (Rosalía de Castro)
7. O cuco larpeiro (Ana María Fernández)
8. O meu soño (Clara Frois Gonzálvez)
9. Teño de mercar o mundo (Manuel Luis Acuña)
10. A estrela sen nome (Manuel María)
11. Campanas de Bastavales (Rosalía de Castro)
Para terminar, ollo á canle de WhatsApp porque... se cadra hai un premio para algún destes traballos que sae dela.
Así que fai viral a poesía tamén levando xente á nosa canle!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario