venres, 12 de xuño de 2026

Da imaxinación ao papel, do papel á escea

Antonte mércores o alumnado de 4º de E.P. representou por primeira vez ante o público, no incomparable marco da biblioteca do noso centro, a súa obra "De sempre, traballadoras".
Esta peza nace, como indica na propia representación o presentador, "baseada nun relato gañador do I Certame de relato curto Oria Moreno" que foi "escrito por unha alumna do noso Centro, Clara Sorribas González, que naquel momento cursaba 6º de Primaria"; agora é alumna de 1º de E.S.O.

"Gustounos tanto", continúa o presentador, "que a mestra decidiu facer unha pequena adaptación para que a puidésemos representar".
"Trátase dunha historia protagonizada por unhas mulleres que traballaban como vendedoras de peixe, coñecidas naqueles tempos como Patifas, a mediados do Século XX, anos de posguerra en España, tempos moi difíciles".
"Estas mulleres, ademais de atender as súas casas e á familia, ían desde Pontecesures polas aldeas dos concellos dos arredores co peixe nas cestas ou panelas e en burros. Non sempre traían cartos, tamén esmolas porque a xente das aldeas tampouco tiña, e dábanlles ovos, 
patacas, grelos..."
Entre parlamento e parlamento houbo tamén momento (rima interna) para cantar e danzar algunha peza tradicional... ou non tanto.
Nas imaxes temos, en todo caso, testemuño do resultado.
E non podía faltar, entre elas, a foto do elenco saudanado e posando coa autora.


Ningún comentario:

Publicar un comentario