Afundación, a Xunta e o Centro PEN de Galicia convocan a
edición número 24 do seu Premio de Poesía.
Xa que logo, trátase dunha cita máis que consolidada e que procura impulsar a
creación literaria en lingua galega.
As obras a concurso, inéditas e cun mínimo de 600 versos, poderán presentarse
ata o 31 de xullo.
O certame, dotado con 7000 euros, inclúe ademais a publicación do texto gañador
na colección Arte de Trobar.
Trátase dun dos galardóns máis relevantes da poesía galega, cunha traxectoria
que reúne algunhas das voces máis destacadas do panorama literario do país.
Se queres máis detalles podes consultalos NESTA NOTICIA de El Ideal Gallego.
luns, 22 de xuño de 2026
Afundar Poesía!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario