martes, 9 de xuño de 2026

Ondas do Ulla... deixádevos navegar!!!

Conta o calendario (e por días o tempo confirma) que o verán chegou.
En parte por iso, pero non só, o pasado xoves o alumnado de 5º e 6º deixou as aulas e baixou ao río para se iniciar no fermoso e divertidísimo mundo do piragüismo.
Das imaxes podemos deducir que moi mal, o que se di moi mal, non o pasaron.
Había @s que xa tiñan calo de tanto navegar, pero tamén @s que debutaron subid@s á seguridade dos -por outro lado pesados- autobaleirables.
Despois do ben que o pasaron esta primeira vez, xa estarán contando as horas... porque o mércores 16 volven coller a pá.
E se quedan con gañas de máis, están de noraboa, porque agora que xa saben de que falamos cando falamos de piragüismo poden apuntarse á Escola de Verán e, ¿por que non?, continuar navegando toda a vida.


Ningún comentario:

Publicar un comentario