O meu unicornio azul... digo, gris...
Dende o luns 1 de xuño ata o venres 5 de xuño, ambos inclusive, e de 14:05 h a 16:00 h tes a posibilidade de visitar na biblioteca do noso Centro a exposición dos cadros elaborados polo alumnado que participa na actividade extraescolar organizada pola profesora de pintura e a ANPA.
Iso, claro, se non es alumn@ ou traballador/a do Centro, porque nese caso poderás achegarte tamén nalgún recreo ou pausa na túa xornada laboral.
Unha vez alí poderás imaxinar as túas propias conexións entre as obras, o diálogo entre elas, para encontrar o sentir profundo dunha xeración que pinta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario