martes, 11 de febreiro de 2025

Be-Bop-A-Lula!!!!

Unha banda de paxaros que fan música vai camiño de ser a protagonista dun dos fenómenos culturais do momento en Galicia. É 'Bibopalula', a primeira serie musical de animación en lingua galega, estreada o pasado 29 de novembro, e que xa conta por milleiros os seus fans.
A serie conta con cincuenta e cinco episodios na súa primeira temporada, dos que corenta xa poden verse na plataforma de contidos infantís de entretemento da Televisión de Galicia. Son pezas breves, de cinco minutos, dirixidos pola ilustradora e animadora Laura Mahía, que tamén pon voz a Robin, o paporrubio que lidera a Banda do Bosque.
Melania Cruz, Marita Martínez, Iria Lamas e Marta Lado completan o elenco de actrices e actores do proxecto, ao que tamén se suma Xosé Antonio Touriñán nalgúns capítulos.
Bibopalula quere achegar á cativada todo o universo da natureza botando man da música, xa que cada capítulo remata co videoclip dunha canción orixinal composta por Santi Jul e Iván Laxe.
Se queres ver calquera capítulo desta divertidísima serie, fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario