luns, 17 de febreiro de 2025

Concurso 'As Cousas do Castelao'

O IES Castelao de Vigo organiza o concurso literario e artístico 'As Cousas do Castelao'.
Poderán participar nel alumnas e alumnos de calquera centro de Galicia e tamén persoas adultas, en diferentes categorías.
As obras terán que ser inéditas e constar de texto e ilustracións ao xeito das Cousas de Castelao, "creando historias breves que combinen reflexións sobre a vida, crítica social ou elementos da cultura galega. A ilustración debe dialogar co texto, complementándoo e enriquecéndoo".
Cada participante poderá remitir unha única obra ao correo: cousasdocastelao@gmail.com
O prazo para remitir os traballos remata o 30 de marzo
Se queres consultar as bases completas podes abrilas, en pdf, NESTA LIGAZÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario