venres, 14 de febreiro de 2025

Por San Valentín... QUERO CANTAR!!!

A área de Cultura da Deputación da Coruña convoca o VIII Concurso Quero Cantar de música infantil e xuvenil.
Os obxectivos do concurso son promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical entre a rapazada e a mocidade.
O prazo de presentación de maquetas rematará o 14 de marzo (falta, polo tanto, un mes); posteriormente, o domingo 6 de abril, terá lugar a gala de finalistas que decidirá os gañadores no Teatro Colón da Coruña.
Neste concurso poderá participar calquera grupo ou solista (as bases non indican que teña que ser da provincia da Coruña) que presente a maqueta dunha canción en lingua galega, con letra e música orixinais e inéditas, en calquera das dúas categorías a concurso: infantil (ata 12 anos) e xuvenil (de 13 a 16 anos).
Se estás interesad@ en participar convén que leas as bases completas NESTA LIGAZÓN e se che interesa coñecer máis en detalle a proposta podes ler a noticia d
a WEB DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Ningún comentario:

Publicar un comentario