A CRTVG, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en marcha e está dando a coñecer a plataforma Xabarin.gal.
Trátase dunha nova web de entretemento da CRTVG, con contidos de balde, en lingua galega e dirixidos á cativada.
A Consellería colabora na súa promoción co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, que está en alarmante retroceso (coma xa vos temos comentado).
Se queres acceder a Xabarin.gal podes facer clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe superior.
Se prefires coñecer antes máis detalles podes consultar esta nota do Portal da Lingua Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario