A Real Academia Galega e a Asociación
PuntoGal convocan o VIII Concurso de microrrelatos en tres
categorías: infantil, xuvenil e maiores de idade.
Podedes enviar os vosos traballos ata o 28 de febreiro.
O tema dos microrrelatos é libre, deberán estar escritos en lingua galega, ser
de autoría orixinal do participante que os presenta e ter unha extensión máxima
de 200 palabras (título incluído).
Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.
Todos os detalles da convocatoria tédelos NESTA LIGAZÓN.
Se queres consultar a nota de prensa coas novidades do concurso, podes facelo AQUÍ.
Na seguinte ligazón podes CONSULTAR O PDF coas bases do concurso.
Para te inscribires e entregar o teu relato fai clic na ligazón que corresponda dependendo da túa data de nacemento:
- AQUÍ se naciches antes do 1 de marzo de 2013.
- AQUÍ se naciches o 1 de marzo de 2013 ou despois.
xoves, 13 de febreiro de 2025
VIII Concurso de microrrelatos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario