Lembra a Rosalía,
recolle a súa encarga
e fai viral a poesía!
Este ano --atendendo as suxestións dalgunhas familias, que sempre son ben recibidas-- fixemos algunhas modificacións nas bases do concurso (como podes comprobar na imaxe) pero a esencia non muda:Queremos facer viral a poesía en lingua galega con gravacións de viva voz.
Como? Podedes declamar, actuar, preparar vídeos de animación, manipular monicreques... o que queirades, pero sempre coa vosa voz e a vosa lingua: a galega.
Este concurso, que naceu como homenaxe a Rosalía e creceu ata abranguer a poesía toda, ten como data límite para recibir os vosos traballos, como indican as bases na imaxe que segue, o 21 de marzo.
Que fas aí parad@???
Veña a viralizar a poesía!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario