venres, 20 de febreiro de 2026

Poemas e 'Caldo de gloria'

Como cada 23 de febreiro o vindeiro luns celebramos -xa o saberás- o Día de Rosalía, conmemorando o seu nacemento.
Lembra que hoxe remata o prazo para presentar os teus traballos ao noso concurso 'Imaxina Rosalía'.
A nivel institucional, as actividades conmemorativas do Día de Rosalía xa están preparadas para o próximo luns.
Estas actividades abranguen desde actuacións musicais, lecturas públicas dos seus poemas e a degustación do coñecido como 'Caldo de gloria' ata un acto institucional central no Panteón das Galegas e dos Galegos Ilustres.
Desenvolveranse, xa que logo, entre Santiago de Compostela (onde naceu e repousan os seus restos) e Padrón (onde viviu e morreu).
Se queres coñecer os pormenores destes actos podes consultar ESTA NOTICIA do Portal da Lingua Galega.
Coa desculpa do 'Caldo de gloria' terás tamén, querid@ trasn@, a ocasión única de quentarte ao lume da lareira da Casa de Rosalía, que só acende para este día.
Quen sabe que inspiradoras ideas poden xurdir á súa calor...


Ningún comentario:

Publicar un comentario