mércores, 11 de febreiro de 2026

Superheroínas de célula tipicamente galega

 

E superheroes tamén!
Estes días o corredor de Secundaria viuse invadido por uns pequenos heroes e unhas pequenas heroínas.
Pequen@s pero imprescindibles, que unha cousa non quita a outra.
Mitocondrias, ribosomas e demais familia fixéronse fortes no taboleiro que está preto do ascensor.
E ademais ninguén sobra, porque de nada che vale  ter un núcleo flipante se logo dá pena o teu citoplasma.
Por iso quedan tan ben aí tod@s xunt@s e traballando sempre no noso beneficio... ou case sempre...

Ningún comentario:

Publicar un comentario