Entre os días 16 e 19 de abril vai celebrarse o XIII Festival Carballo Interplay, pero dirás con certa lóxica que Pontecesures queda lonxe de... Carballo.
Porén, o Concello de Carballo publicou dúas convocatorias de premios relacionados co festival nos que si podes participar sen saír de casa.
O obxectivo dos premios é poñer en valor, visibilizar e fomentar o traballo dos creadores e creadoras que difunden contidos en lingua galega en Internet.
Os seus nomes? 'Premio Creación Dixital Galega' e 'Premio á Produción de Contido Dixital en Galego'.
Como indica a imaxe superior, podes formalizar a túa participación neles até o 29 de marzo.
Para non enredarnos en máis circunloquios, deixámosche as ligazóns ás súas webs, bases (BOP da Coruña do 22 de decembro de 2025) e formularios de inscrición específicos:
> PREMIO CREACIÓN DIXITAL GALEGA:
WEB - BASES (PDF) - INSCRICIÓN
> PREMIO Á PRODUCIÓN DE CONTIDO DIXITAL EN GALEGO:
WEB - BASES (PDF) - INSCRICIÓN


Ningún comentario:
Publicar un comentario