domingo, 22 de febreiro de 2026

Día de Rosalía... 189 anos despois

Iso quere decir unha cousa clara: que en once anos faranse douscentos do seu nacemento.
Estaremos aquí daquela? Iso ninguén sabe, pero queremos pensar que seguirán celebrándoo.

E nada mellor para comezar as celebracións que plantar os seus pensamentos entre nós, dito sexa en todos os sentidos posibles, como podemos ver nas imaxes superiores, xa que -como ela dicía- "nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín".
No noso centro, ademais, temos gardada para hoxe a noticia do nome do gañador ou da gañadora da terceira edición do 'Concurso de Creación Plástica Imaxina Rosalía', que acadou máis participación que en anos anteriores, o que sempre é boa noticia.
Aínda que antes de anunciar a gañadora, mellor imos amosarche primeiro as propostas presentadas a concurso:

Esta convocatoria, como saberás, está dirixida ao alumnado de ESO do noso Centro.
Pero iso non quere dicir que nos esquecésemos do alumnado de Infantil e Primaria, xa que para eles e para elas desenvolvemos coa inestimable colaboración de titores e titoras a actividade 'Ilustramos Poemas'.
Dentro dela, en cada aula leron un poema de Rosalía e, a seguir, cada rapaza ou rapaz elaborou a súa propia ilustración.
Vendo os resultados, está claro que o 'Imaxina Rosalía' ten o futuro asegurado...



Ningún comentario:

Publicar un comentario