De Rosalía,
onte o día,
hoxe amosa
a túa valía
e fai viral
a poesía!!!
Tralo éxito da pasada edición, este ano o noso concurso conserva as modificacións que nel introducimos, conservando sempre a súa esencia:Queremos facer viral a poesía en lingua galega con gravacións de viva voz.
Como? Podes declamar, actuar, preparar vídeos de animación, manipular monicreques... o que queiras, pero sempre coa túa voz e a nosa lingua: a galega.
Este concurso, que naceu como homenaxe a Rosalía e creceu ata abranguer a poesía toda, ten como data límite para recibir os teus traballos -tantos como queiras-, como indican as bases na imaxe que segue, o 21 de marzo (Día da Poesía).
Oes??? Que fas aí parad@???
Veña a viralizar a poesía!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario