O ano pasado xa vos falamos do Espazo Proxector.
NESTA ENTRADA do Trasno explicámosvos en que consiste e como acceder a el. Se clicas na imaxe superior, contarancho a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega.
A novidade que hoxe traemos é que esta iniciativa (que achega recursos en lingua galega para seren empregados nas aulas ou no estudo do alumnado) xa superou os 2000 vídeos compilados e catalogados, en lingua galega e... si, de balde.
Se queres máis información sobre a noticia consulta a web da USC a través DESTA LIGAZÓN.
Se, polo contrario, queres acceder ao Espazo Proxector faino a través da ENTRADA DO CURSO PASADO, na que tamén che explicabamos algúns trucos para sacarlle máis partido.
luns, 9 de febreiro de 2026
O Espazo Proxector, a 2000!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario