mércores, 25 de novembro de 2026

A pulseira eterna

Por fin chegou o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e a rapazada quixo exhibir toda a súa arte e tamén a súa solidariedade en forma de pulseiras.
Seguindo a nosa proposta a través desta bitácora, elaboraron os lemas máis solidarios e comprometidos e os plasmaron, cada un/ha co seu estilo propio, nas pulseiras que serven para denunciar a violencia contra as mulleres e para soñar con que, co traballo de tod@s, chegue o momento no que este día teña que deixar de celebrarse.
"Quero amor sen medo" ou "Detrás de cada silencio pode haber unha historia de violencia" son algúns dos lemas que puidemos ler nelas.
Nas imaxes que seguen tes unha selección dalgunhas das pulseiras máis bonitas e reivindicativas que elaborou o alumnado:

Ningún comentario:

Publicar un comentario