O primeiro do que te damos conta -pero esperemos que non sexa o único- é o belén artesanal de Valga, que acabou de abrir as súas portas.
Até o 10 de xaneiro tes a posibilidade de visitalo.
Nunha breve revista de prensa, podemos ver como recollen a noticia:
- LA VOZ DE GALICIA, que fai un completo resumo en imaxes da instalación.
- A GALEGA, que ofrece outro punto de vista, incidindo no In Memoriam.
- WEB DA XUNTA, con cifras e autoridades.
Podes visitalo calquera tarde de 17:30 a 20:30 e os sábados, domingos e festivos de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30. En todo caso, para estares segur@, podes confirmar os horarios no 630 95 25 15.
Coma sempre, é totalmente de balde.
Como sabemos, trátase dun dos beléns máis visitados de Galicia (rexistrou unha media de 40.000 visitas nas últimas edicións) e conta co humor e a crítica social como dúas das súas características máis salientables. Noutras palabras, unha especie de entroido adiantado.
Vai velo xa, porque pronto teremos o de Porto a pleno rendemento!!!
Se queres saber onde está ubicado ou como chegar ata el fai clic na seguinte imaxe:

Ningún comentario:
Publicar un comentario