sábado, 21 de decembro de 2024
Visita ao Belén Artesanal de Valga
Non queriamos marchar de vacacións sen traervos o testemuño gráfico da visita do noso alumnado ao belén do concello veciño.
Vede que abraiad@s (e content@s) quedaron trala visita...
venres, 20 de decembro de 2024
Venres 20, vinte... de festa!!!
Chega o venres e, con el, o momento de desaparecer por fin por uns días.
Pero antes temos algúns asuntos pendentes que resolver:
Por exemplo, quen gañou o concurso de panos/portas de Nadal?
En Infantil premiouse o mural no que colaborou todo o alumnado; en Primaria a porta gañadora foi a de 2º e en Secundaria a de 4º-P.D.C.. Parabéns!
Os maiores non deixaron pasar a oportunidade de amosar os seus progresos musicais ante un ateigado auditorio.
E, finalmente, tod@s tivemos a ocasión de asistir a un concerto de Mad Martin Trio, que se achegou ata Pontecesures co seu rockabilly.
Hai mellor maneira de despedirnos ata o próximo ano???
Quen sabe... se cadra mañá temos un bis...
xoves, 19 de decembro de 2024
Portas candidatas... a comisión delibera!!!
Como xa vos contamos hai uns días, o Equipo de Biblioteca propuxo converter as portas das aulas en panos que dean paso ao tempo de Nadal.
Mañá será o día no que coñeceremos as escollidas como gañadoras.
Polo momento, hoxe traémosvos testemuño gráfico das candidatas e da reunión da comisión avaliadora para elexir entre elas as súas preferidas.
Damas e cabaleiros... fagan as súas apostas!!!
mércores, 18 de decembro de 2024
A maxia do Nadal no Concello
Disque o Nadal é unha época máxica, que se a maxia do Nadal...
No noso Centro tomámolo ao pé da letra e non quixemos marchar para gozar do descanso do Nadal sen facer antes un pouco de maxia.
Por iso abrimos as nosas portas -ou panos portas, ou a saber que- ao mago Martín.
Na mañá de hoxe, en tres sesións (para Infantil, Primaria e Secundaria) fixo as delicias de tod@s nós, que ficamos abraiad@s coas súas habilidades.
Agora que veña alguén a decir que o Nadal non é unha época máxica...