martes, 5 de novembro de 2024

Está de medo!!!: concluído o prazo, o xurado delibera

Despois de dúas prórrogas debidas a imprevistos sucesivos, e como informamos debidamente, hoxe terminou o prazo para entregar ou expor nos corredores do Centro as propostas para a terceira edición do concurso de portadas de relatos e libros de terror 'Está de medo!!!'
Aínda non podemos decirvos cales son as propostas gañadoras, xa que non o sabemos, pero si mostrarvos algunhas das presentadas.
Estarán as gañadoras entre elas???
Expoñémolas agrupadas por categorías; en cada unha delas haberá unha proposta gañadora 
 (as propostas da E.S.O. figuran xuntas, aínda que haberá un premio para 1º e 2º e outro para 3º e 4º):

Infantil:

1º e 2º de Primaria:

3º e 4º de Primaria:

5º e 6º de Primaria:

E.S.O.:

luns, 4 de novembro de 2024

Acaba o prazo para solicitar as axudas para a escolarización

Está próximo a finalizar o prazo para solicitar as axudas á escolarización para o curso 2024/2025, como nos indica a web do Concello (á que podedes acceder a través DESTA LIGAZÓN ou facendo click na imaxe superior).
O prazo finaliza este mércores, así que se nos as pedistes e queredes pedilas, non o deixedes para máis adiante...

venres, 1 de novembro de 2024

Bob Cabaza e amig@s no Samaín

Chegou novembro e @s compañeir@s de Infantil e Primaria aproveitaron a ocasión para decorar os corredores con cabazas e outr@s froit@s outonais.
Co gallo da celebración do Samaín houbo tamén unha chea de espíritos e pantasmas a meter barullo por aí... meten medo!!!