Por primeira vez un autor galego gaña o Premio Nacional das Letras Españolas. A concesión deste premio foi publicada antonte, entre castaña e castaña.
Ademais, trátase dun autor galego coñecido pola defensa da lingua galega e polo constante emprego dela na súa produción literaria.
E ese autor é... Manuel Rivas!
De formación xornalista, é autor de moitas obras traducidas a multitude de linguas (entre elas o español) como 'O lapis do carpinteiro', 'Os libros arden mal' ou 'Todo é silencio', por indicar só tres delas, ademais de innumerables artigos, reportaxes, poemas e unha función teatral.
Alén da súa obra e do seu compromiso coa lingua galega, Rivas é coñecido polo seu activismo político durante os últimos anos do século pasado e os que levamos deste.
Algún ou algunha de vós se cadra coñecedes máis a Manolo Rivas por ser pai, pai dun fillo a quen tamén puxo un nome galego...
Se queredes ampliar información sobre este asunto podedes consultar esta noticia de praza.gal, estoutra da web da Real Academia Galega ou facer clic na primeira imaxe e acceder á noticia escrita e televisiva do Zigzag da Galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario