Na mañá de hoxe o alumnado de 4º e 5º de Primaria achegouse á Biblioteca Municipal, desafiando as chuvieiras que en ocasións collían forza, para asistir a unha actividade de contacontos, que entroutras virtudes contribúe a fomentar a lectura entre @s máis cativ@s.
Alí puideron realizar unha actividade de interpretación e un taller arredor do libro "A nena do vestido de flores", escrito polo propio Manuel Fontemoura, co obxectivo de concienciar a rapazada sobre as discapacidades e achegarlles os Trastornos do Espectro Autista.A rapazada desfrutou da actividade, e é seguro que tamén lle serviu para reflexionar sobre a temática das historias que lles contaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario