mércores, 9 de outubro de 2024

A Asociación Morreu o Demo, recoñecida pola UNESCO

Este é o ano de Levantar o pano, como indica o nome do noso Proxecto de Biblioteca, e como nos contan nesta noticia de culturagalega, a Asociación Morreu o Demo recollerá un dos Certificados do Patrimonio UNIMA deste ano.
A Unión Internacional da Marioneta (UNIMA) é un organismo asociado á UNESCO e concede 37 recoñecementos a proxectos de todo o mundo.
Un deles foi concedido á Asociación Cultural Morreu o Demo, que desde hai máis de dez anos traballa para recuperar o monicreque tradicional galego e a figura de Barriga Verde (de aí sacaron precisamente o nome: "morreu o demo, acabouse a peseta").
A Revista Galega de Teatro dá conta NESTA NOTICIA do recoñecemento da UNIMA.
Se queres coñecer máis polo miúdo o traballo da Asociación podes visitar A SÚA WEB.
Se che interesa tanto que aínda queres saber máis, clicando na imaxe inferior podes ver o documental "Morreu o demo, acabouse a peseta" a través da web da CRTVG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario