O alumnado de 1º e 2º de Primaria baixou esta mañá á Biblioteca Municipal para asistir á actividade titulada 'A loba Antea', que forma parte do programa Ler conta moito.
Según conta a historia, nun bosque que atravesa o Camiño de Santiago vive a loba Antea, unha loba que se encarga de coidar os nosos montes.
Ao longo da historia que contaron á rapazada, Antea coñece a Sabela e xuntas aprenden a reutilizar o lixo convertendo o monte que Antea coida con tanto agarimo nun auténtico escenario de circo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario