Na mañá de hoxe o alumnado de 3º de Primaria, acompañado por dúas profesoras, achegouse á Biblioteca Municipal para participar na actividade de contacontos manipulativo titulada 'Da árbore ao libro', que chega ata nós a través de Andrea Jamardo Seijo, antiga alumna do noso Centro.
Como se fai un libro? Que agocha dentro das súas páxinas, ademais dunha historia? Cantas persoas fan falla para facelo? Que clases de libros hai?
Cuarto de Inverno (a editorial que dirixiu a sesión) é parte do nacemento dos libros como un obxecto, pero a historia do libro é moito máis antiga.
Na dinámica desenvolvida o alumnado puido coñecer os distintos materiais que se pode utilizar para elaborar un libro, soubo dos libros máis raros da historia e acabou a sesión elaborando o seu propio (mini) libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario