Achégase novembro e con el dúas festas ben nosas, das que nos sentir fachendos@s: Samaín e o magosto.
Sempre son benvidas, canto máis este ano, coas que tivemos que pasar... quen podería pensar que en só tres semanas ía mudar o aspecto do noso Centro de tal xeito!!!
Moito axudou o traballo do Equipo Directivo e do persoal do Concello para devolver o noso Centro ao estado anterior ao paso do que quedaba do Kirk... agora podemos decir que Está de medo!!!, e sen dúbida o traballo que pasaron merece as nosas maiores louvanzas e recoñecementos.Estes días, ademais, o profesorado e o alumnado puxeron tamén da súa parte para decorar os corredores de cara ás festas que se achegan, devolvéndolles a alegría que nunca deberon perder.
E, como @ que garda sempre ten, a decoración preparada co gallo do Orgullo engade máis cor, se cabe, ás cabazas e caveiras.
Se cadra non o pensamos o suficiente, pero temos motivos dabondo para estar orgullos@s das nosas tradicións, do noso Centro e, por riba de todo, de todas as persoas que por el, día a día, pasamos e aportamos o pouco que podemos para conseguir a convivencia que moitos e moitas envexan desde fóra.
Así que, a tod@s nós, parabéns!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario