luns, 7 de outubro de 2024

Convocada a edición 53 dos Premios Literarios Minerva

Como nos conta ESTA NOTICIA do xornal La Voz de Galicia o Colexio Manuel Peleteiro acabou de convocar a edición número 53 dos seus Premios Literarios Minerva.
Se estás interesad@ en paricipar podes consultar as bases (pdf) dos Premios NESTA LIGAZÓN.
Estes premios convócanse desde 1963, ano no que foron apadriñados por Álvaro Cunqueiro.
Algúns e algunhas d@s premiad@s neste Certame convertíronse, co pasar do tempo, en recoñecidas figuras do xornalismo ou das Letras, como é o caso de Darío Xohán Cabana, Xesús Rábade Paredes, Ánxeles Penas García ou Fernando Ónega López.
Ademais, desde 1990 o Colexio publica a obra premiada en cada edición do Certame.
Vai preparando a túa proposta (poética ou narrativa, orixinal, inédita e en lingua galega); tes de prazo ata o 15 de xaneiro!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario