No día de onte o conselleiro de Cultura, Lingua e
Xuventude, José López Campos, protagonizou a presentación da nova imaxe da
campaña 'Saca a lingua que levas dentro', coa que se procura “pór
en valor o privilexio que supón contar cun idioma propio, que debemos ver como
un gran tesouro do que estar orgullosos”. En palabras do conselleiro, “non hai
mellor xeito de defendelo e de preservalo que falándoo”.
Se queres coñecer máis detalles sobre as actividades propostas para gañar nov@s
falantes da nosa lingua podes consultar ESTA NOTA DE PRENSA da Consellería ou seguir ESTA LIGAZÓN do Portal da Lingua Galega.
(Dous días despois)
A presentación á que nos referimos chegou case ao tempo que
a Enquisa estrutural a fogares sobre o coñecemento e uso do galego, realizada
polo Instituto Galego de Estatística, que reflicte datos ben preocupantes sobre
o presente e o futuro da nosa lingua.
Se queres ter acceso aos resultados da enquisa podes acceder a eles NESTA LIGAZÓN.
NESTA PUBLICACIÓN de Nós Diario realizan unha demorada análise dos resultados
anteriores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario