Titulabamos o ano pasado que a toda castaña lle chega o seu San Martiño... pero é que é certo!!!
Como cada ano -nesta ocasión con certo adianto e contra vento e marea (sobre todo contra vento... verdade, Kirk?)- chega o momento de celebrar o magosto: o San Martiño da castaña.
Ben cedo comezaron a facer as brasas e a picar as castañas para que a partir do mediodía a rapazada puidese disfrutar dese ouro pardo que sae dos nosos castiñeiros, abrigado polas súas espiñas. Se é que no fondo a propia castaña é toda unha lección de psicoloxía...
Tendo en conta a linguaxe corporal, podemos apostar a que non saíron defraudad@s...
Ningún comentario:
Publicar un comentario