mércores, 4 de febreiro de 2026

Cacao de carteis??? Carteis de cacao!!!

Quedan aínda cousas por dicir do Día da Paz (entre elas moitas que non diremos, malia pensalas), que celebramos antonte, coma quen di.
De tan ocupado que andou o Trasno nin se lembrou de recordar o concurso para escoller o cartel da xa tradicional Chocolatada pola Paz (que Paz puxo en marcha hai uns anos) que, un ano máis, convocou o Departamento de Orientación do noso Centro.
Na contorna do ascensor, na planta baixa do edificio de Primaria e Secundatria, podes velos en papel.
Aquí chos traemos en ceros e uns, que así non arden e poden traspasar fronteiras.

E se queres saber quen gañou... pois na seguinte foto @s tes...

martes, 3 de febreiro de 2026

Microescribe e gaña!!!

Xa está aquí a novena edición do Concurso de Microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal.
A convocatoria está aberta a persoas de todas as idades (en tres categorías) e o seu obxectivo é promover a escrita breve en lingua galega e desenvolver a capacidade de expresar grandes ideas en poucas palabras.
As persoas participantes poden presentar até dous relatos constituídos por un máximo de 200 palabras cada un.
Hai categorías específicas para participantes en idade infantil, xuvenil e para adultos.
O concurso busca dar visibilidade a escritores noveis e consolidar a escritura en lingua galega.
Non o deixes para pasado mañá, porque o prazo para presentar os teus microrrelatos termina o 28 de febreiro.
Podes consultar todos os detalles da convocatoria en relatos.gal ou, se prefires, le as bases NESTA LIGAZÓN.
Se queres acceder ao formulario para participar podes facelo:
Para consultar a nota relativa ao concurso na web da Real Academia Galega fai clic NESTA LIGAZÓN.

luns, 2 de febreiro de 2026

Rosalía Tres

Bo día, trasn@!!!
Lembra que o último día para entregar o teu traballos de creación plástica para participar na terceira edición do Concurso Imaxina Rosalía é o venres 20 de febreiro. 
Daquela, o xurado poderá escoller a proposta gañadora e publicar a súa decisión o luns 23, día de Rosalía.
Se queres consultar as BASES do Concurso podes facelo AQUÍ.
Por se aínda non tes ideas para compor o teu traballo achegámosche algúns recursos que, se cadra, che axudan a inspirarte:

- Uns poucos poemas de Rosalía en dous pdf:



- Catro cancións a partir de poemas dela:

Negra sombra (Luz Casal)


Castellanos de Castilla (Os Carunchos)

Cando vos oio tocar (Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro)

- Unhas procuras en Google sobre imaxes relacionadas con Rosalía: