A Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés, convoca a oitava edición (como che dicimos no titular) deste concurso para “fomentar a creación poética en lingua galega á vez que achega ás xeracións máis novas unha figura clave das nosas letras como é Rosalía”.
O concurso está aberto ao alumnado do curso 2026-2027 e
divídese en tres categorías:
- o terceiro ciclo de Primaria (5º e 6º curso),
- o primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º curso)
- e o segundo ciclo de Secundaria (3º e 4ºcurso ).
Os traballos, que deberán ser orixinais e escritos en lingua galega, poden
remitirse ata o 15 de xaneiro de 2027 aos departamentos de Comunicación de
calquera dos centros de El Corte Inglés en Galicia, e tamén poderán entregarse
persoalmente nas súas librarías.
As bases completas da convocatoria, que establece un primeiro premio e dous
accésits por cada categoría a través de tarxetas agasallos (de ata 250 euros),
están dispoñibles nas páxinas web da Fundación Rosalía de Castro.
Porén, nós dámosche a posibilidade de consultalas xa desde a nosa bitácora a
través DESTA LIGAZÓN.
Se queres máis información sobre a convocatoria, podes consultar NESTA LIGAZÓN a noticia sobre a presentación desta oitava edición do concurso nO Portal da Lingua Galega.






























































































