mércores, 15 de abril de 2026

2026, Correlingua 26

Achégase maio, achéganse as Letras e achégase o Correlingua.
Neste 2026, o Correlingua arrancará o 5 de maio en Santiago de Compostela e percorrerá -como de costume- distintas localidades galegas.
Como é ben sabido, trátase dunha das principais iniciativas de promoción e normalización da lingua galega entre a mocidade.
Baixo o lema «Co galego no corazón, facemos revolución», a actividade reunirá arredor de 20.000 participantes e incluirá carreiras, lectura de manifestos e accións educativas para fomentar o uso e a conciencia lingüística entre a mocidade.
Se queres ampliar a información sobre a vixésimo sexta edición do Correlingua podes consultar ESTA NOTICIA do Xornal de Compostela.
Para accederes á web do Correlingua, por se queres coñecelo todo en detalle ou para te inscribires nalgunha das iniciativas propostas, fai clic en calquera das imaxes; nesta que tes a seguir podes ver, tamén, a data das festas que nos caen máis preto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario