mércores, 22 de abril de 2026

M8 x ler

Na véspera do Día do Libro hoxe queremos falarche da iniciativa "M8 por ler" (xa post@s, por que non "M8 x ler"?).
Trátase dunha plataforma virtual da Fundación Xistral que ten como obxectivo promover a lectura en  lingua galega e xerar un diálogo arredor dos libros na nosa lingua.
O portal, que xa está dispoñible, inclúe un catálogo de libros rexistrados e ofrece funcionalidades sociais como valoracións e recomendacións personalizadas.
Se queres completar a información, consulta ESTA NOTICIA DE CULTURA GALEGA ou tamén A WEB DA FUNDACIÓN XISTRAL.
Para accederes directamente a "M8 por ler" fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe do inicio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario