martes, 28 de abril de 2026

O micro vilalbés

Nos tempos da espectacularidade e a inmediatez está de moda o microrrelato, xa ves. 
Noutro tempo sería a poesía; hoxe lévase a prosa pero sen traballar demasiado... cal será o seguinte formato que non nos balde?
Pero bueno, mellor iso que nada.
Xa che demos noutras ocasións aviso de certames convocados para obras en lingua galega; hoxe tamén.
O Concello de Vilalba convocou a VIII edición do seu Certame de Microrrelatos, aberto á participación de persoas de todas as idades con textos orixinais escritos en lingua galega.
As obras, de ata 100 palabras (esta entrada ten máis) e que deberán incluír a palabra «libro», competirán nas categorías infantil, xuvenil e adulta.
Se queres coñecer máis detalles da convocatoria CONSULTA ESTA NOTICIA.
Tes un mesiño aínda, porque o prazo de presentación de orixinais conclúe o 31 de maio, Carballo!
Ai, non, perdón, que era Vilalba! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario