Xa hai algunhas semanas o alumnado de 1º de Primaria estivo investigando cos alimentos.
Ademais de facer experimentos con froita, prepararon unhas suculentas brochetas e elaboraron a roda dos alimentos.
A roda dos alimentos é unha guía visual que clasifica os alimentos en grupos tendo en conta os nutrientes que achegan. Serve para aprender a comer de maneira equilibrada e planificar unha dieta saudable.
Axuda a entender que alimentos debemos comer máis ou menos, a manter unha dieta variada para así evitar carencias nutricionais e a educar en hábitos saudables.
De todas estas actividades traémosche hoxe testemuño gráfico.
martes, 21 de abril de 2026
Só ver xa alimenta...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

















Ningún comentario:
Publicar un comentario