Hoxe queremos falarche dun recurso cultural gratuíto que se cadra non coñecías: Galiciale.
Trátase da plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
Está ben ir á biblioteca a buscar un libro ou un filme pero... e se non podes ir? E se non os teñen?
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe contas con dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”.
As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e computadores. No caso dos libros, poderás facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.
Este recurso, como che dicimos no título, é básico para @s afeccionad@s ao cinema galego, xa que nel podes encontrar a maior parte dos seus títulos. Polo tanto, se estás interesad@ en ver filmes en liña (especialmente filmes galegos), fai clic NESTA LIGAZÓN ou na imaxe do inicio.
xoves, 9 de abril de 2026
Galiciale, a web definitiva do cinema galego
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)


Ningún comentario:
Publicar un comentario