luns, 13 de abril de 2026

Xornadas de Cine e Educación

A asociación Olloboi convida a comunidade educativa ás II Xornadas de Cine e Educación que organiza en colaboración co Consello da Cultura Galega.
Ditas xornadas terán lugar este venres 17 de abril en Compostela.
Trátase dunha xeira que inclúe reflexión sobre cine e pedagoxía, mesas de experiencias nas aulas e en festivais e un obradoiro práctico de creación de curtametraxes tendo en conta contidos xerados con Intelixencia Artificial.
Se queres máis información sobre as actividades ou @s poñentes, por exemplo, podes DESCARGAR O FOLLETO DAS XORNADAS.
Para conseguir o permiso de participación podes solicitalo a través de Protocolos Educativos NESTA LIGAZÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario