xoves, 23 de abril de 2026

No Día do Libro, habemus marcapáxinas!!!

Tal cal.
Hoxe é o Día do Libro, como cada 23 de abril, e xa podemos mostrarche todos os marcapáxinas presentados ao concurso para conmemorar a vida e a obra de José Suárez (a quen Galiza adica este ano o Día das Artes Galegas).
Como diciamos outro ano, das Artes ás Letras, pasando polo Libro, porque será no día das Letras, se todo vai ben, cando poderemos repartir o marcapáxinas gañador... para darlle bo uso!!!
A seguir están todos os que están, que son todos os que son... ou se cadra faltan aínda dous ou tres por chegar...
Algún preferido???


Ningún comentario:

Publicar un comentario