mércores, 8 de abril de 2026

Sete relatos aorusáns á procura de gañador/a

Esperamos que non lle sente mal a Pirandello a adaptación, pero de algún xeito tiñamos que titular a noticia.
Que noticia?
Esta: a Asociación Cultural Mesa das Verbas de Vilagarcía de Arousa e a Secretaría Xeral da Lingua convocan o Concurso Literario Letras Galegas.
Neste 2026 chega á súa sétima edición.
Para participar envía o teu relato curto de temática libre antes do 3 de maio
As condicións principais?
Cada persoa poderá presentar só unha obra, que deberá ser un relato curto de temática libre, escrito en lingua galega, orixinal, inédito e que non fose publicado nin premiado en ningún outro certame.
Se queres consultar as bases completas telas NESTA LIGAZÓN.
Consúltaas para ter claro como é o proceso de participación, que ten o seu aquel.
Ollo, que o primeiro premio é de 500 euros!!!
E un diploma...

Ningún comentario:

Publicar un comentario