O Concello de Ames convoca unha nova edición do seu Certame Literario.
Esta iniciativa, xa consolidada (e que chega á súa vixésimo terceira edición), busca estimular a creación en lingua galega, así como contribuír á difusión da nosa cultura.
Podes participar nas modalidades de narrativa e poesía; en cada unha delas existen tres categorías para escritoras e escritores de diferentes idades e vai repartir 3800 euros en premios.
E non só iso: os textos gañadores van ser publicados nun volume colectivo.
Se queres coñecer máis información (como, por exemplo, a maneira correcta de entregar as túas pezas) podes consultar a noticia da WEB DO CONCELLO DE AMES.
Na web propia do Certame (SEGUIR LIGAZÓN) tes moita máis información; entre ela os libros que recollen os relatos premiados nas edicións anteriores.
Pero non te durmas, que o prazo para te presentares ao Certame conclúe o 30 de abril.
Para ir direct@s ao fundamental, deixámosche tamén:
- LIGAZÓN AO FOLLETO COAS BASES
- LIGAZÓN Á FICHA DE PARTICIPACIÓN


Ningún comentario:
Publicar un comentario